A Xunta reforza a súa implicación no WOS Festival co patrocinio de FEST Galicia e as axudas a festvais de música
Anxo Lorenzo e Jacobo Sutil participaron na presentación da sexta edición do evento, que se celebra do 11 ao 15 de setembro nunha ducia de espazos de Santiago, entre os que se atopan a Cidade da Cultura, o CGAC e o Salón Teatro
FEST Galicia daralle soporte a un ciclo de charlas, ás pulseiras de acceso ao evento e realizará un estudo do impacto socioeconómico, entre outras accións
O WOS Festival X SON Estrella Galicia presentou hoxe en Santiago o programa completo da súa sexta edición, que do 11 ao 15 de setembro ofrecerá preto de medio centenar de actividades culturais coa exploración artística e a música electrónica como fío condutor. A organización deste encontro volve contar coa implicación da Xunta a través dun apoio económico que se materializa por dúas vías, a través do patrocinio da marca FEST Galicia e das subvencións a festivais profesionais de música.
Esta colaboración da Administración autonómica esténdese, así mesmo, á cesión da Cidade da Cultura de Galicia, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e a sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro como tres das 12 localizacións nas que se desenvolverá o WOS, premiado como o mellor festival indoor de Europa nos European Festival Awards 2018, entre outros recoñecementos que avalan a súa aposta por ofrecer unha alternativa cultural na que descubrir e gozar de experiencias únicas en contextos moi especiais e para audiencias limitadas.
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, puxeron de manifesto estas vías de cooperación na presentación do festival, que tivo lugar este mediodía na terraza do Pazo de Raxoi. Nela tamén participaron Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural e tenente de alcalde de Santiago; Víctor Martiñán, responsable de Patrocinios de SON Estrella Galicia, e Iván Arias, director da axencia Work On Sunday, organizadora do evento.
Turismo musical de calidade
A Xunta é unha das súas entidades patrocinadoras a través da marca FEST Galicia, que está a celebrar a súa segunda temporada en 12 citas musicais co obxectivo de promover o territorio galego como destino musical con criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social. A esta achega súmase a subvención de 24.230 que lle foi adxudicada a través das axudas autonómicas a festivais de música que a Consellería de Cultura e Turismo convoca cada ano a través da Agadic.
No caso de FEST Galicia, o patrocino económico compleméntase cunha serie de accións de sensibilización social e medioambiental impulsadas por diferentes departamentos autonómicos e que dan conta da transversalidade desta iniciativa de apoio aos festivais da que tamén forman parte Resurrection Fest, PortAmérica, 17º Ribeira Sacra, Vive Nigrán, Sinsal, Atlantic Fest, SonRías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz, Caudal FEST e Cantos na Maré.
No WOS, por exemplo, organizaranse unha serie de accións a prol da igualdade e do uso da lingua galega, programadas para o mediodía do sábado 14 no Mercado de Abastos, durante a sesión de Dj Chago.
Unha delas será a campaña AgresiónOff: Eu digo non á violencia sexual da Secretaría Xeral da Igualdade, no marco da que se difundirá o Decálogo contra a violencia sexual: dez cousas que tes que saber para informar sobre como actuar en caso de agresións. Tamén se levará a cabo o obradoiro Machismos Off, no que se identificarán condutas machistas, asumidas como habituais, como primeiro paso para loitar contra elas. As persoas participantes tratarán de buscar respostas para ese tipo de situacións e animaráselles a compartir as súas reflexións nas redes sociais coas etiquetas#MachismosOFF #FestGalicia2019.
Pola súa banda, a Secretaría Xeral de Política Lingüística preparou dúas actividades especialmente pensadas para promover o uso do galego entre a xuventude. Dunha banda, o comunicador Víctor Grande animará a mocidade a que achegue as súas ideas sobre actuacións dedinamización da lingua galega, e doutra, levarase a cabo o concurso Pasa a palabra, no que os participantes poderán divertirse adiviñando verbas e, con cada acerto, terán a oportunidade de facerse con diferentes regalos.
Avaliación de impacto
O WOS súmase, ademais, á realización dos estudos FEST Galicia para avaliar o impacto económico, social e mediático dos seus festivais. As medicións, a través de enquisas directas aos asistentes e dos datos facilitados pola organización, son realizadas por un equipo da Universidade de Santiago e terán como resultado un informe de avaliación, que servirá como punto de partida para traballar sobre medidas que redunden nos valores que a marca promove. O ano pasado leváronse a cabo os do Resurrection Fest, PortAmértica, Sinsal, SonRías Baixas e Revenidas, aos que este ano se engaden os de Vive Nigrán, Atlantic Fest, 17º Ribeira Sacra, Festival de la Luz, Caudal Fest e o propio WOS Festival.
Así mesmo, a marca da Xunta daralle soporte ás pulseiras de acceso ao festival e ao ciclo de charlas WOS Talks X FEST Galicia, que xirarán arredor de diversos aspectos que afectan a no Mercado de Abastos, durante a s mpor ao sector e os a crear experiencias preto de medio centenar de actividades distribuá industria da música e á creación musical contemporánea. FEST Galicia tamén apoia a sesión da Dj Elektrógena, que terá lugar o sábado pola tarde na terraza do CGAC.