Accesbilidade e inclusión

Accesibilidade e inclusión: visibilizar, sensibilizar, formar e compartir

Xornada formativa para profesionais das artes escénicas. Santiago de Compostela, 30 de abril de 2025 

 

A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas - Escena Galega organizan a xornada formativa Accesibilidade e inclusión: visibilizar, sensibilizar, formar e compartir.

Data: 30 de abril de 2025

Lugar: Auditorio do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia. Santiago de Compostela

Dirixida a:

  • Responsables de espazos escénicos
  • Entidades profesionais dedicadas á produción escénica

Inscrición: ata o 17 de abril, de xeito gratuíto a través deste FORMULARIO (as prazas adxudicaránse por orde de inscrición).

 

PROGRAMA

10,00 h. Presentación institucional

VISIBILIZAR

10,30 h. Proxección do documental Habitar la escena

Os testemuños e as reflexións de 12 profesionais vinculadas á creación artística, á programación e á produción protagonizan unha mirada profunda e crítica sobre os cambios que se están experimentado no ámbito da exhibición escénica para facer dos teatros espazos máis abertos, participativos, accesibles e inclusivos. Esta fita documental, producida pola Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales de Titularidad Pública, propón unha aproximación á forma en que as comunidades, os creadores e as creadoras ou os públicos conciben as artes escénicas a partir de proxectos que teñen na accesibilidade e a inclusión o seu ADN.

SENSIBILIZAR

11,15 h. Un achegamento ao mundo da discapacidade

Charla con persoas con capacidades diversas para escoitar de primeira man cales son as barreiras ás que se enfrontan como consumidoras e profesionais das artes escénicas en Galicia.

Participan:

  • Paula Varela Costas, educadora e pedagoga
  • Carla Méndez Trillo, filóloga e lingüista
  • Elvis García Torres, actor
  • Conduce: Patricia de Lorenzo, integrante do Grupo Chévere

FORMAR

12,30 h. Introdución á accesibilidade

A cargo de Ana Candela Campello e Javier Díez, integrantes do colectivo We Act, asociación de profesionais do ámbito da arte, cultura e comunicación, que ten como principal obxectivo promover unhas artes escénicas inclusivas, libres de barreiras.

  • Medidas de accesibilidade para os colectivos de persoas con discapacidade visual, auditiva, saúde mental, TEA e mobilidade reducida.
  • Boas prácticas en espazos e empresas de produción que traballan dende a accesibilidade.

13,30 h. Pausa xantar

COMPARTIR

15,30 h. Taller Grupo I para responsables de espazos. Impartido por Ana Candela Campello

Auditoría de accesibilidade: análise da accesibilidade dos espazos e planificación para a adaptación, segundo as melloras detectadas en ámbitos como o arquitectónico,  a programación, a produción e a comunicación.

15,30 h. Taller Grupo II para empresas de produción de artes escénicas. Impartido por Javier Díez

Mostra de exemplos de espectáculos que inspiren diferentes opcións de integrar a accesibilidade dende a creación e aplicación práctica.

17,00 h. Conclusións da xornada


Share