Centro Dramático Galego: selección de intérpretes para a temporada 2025-2026
[14/07/2025] Acordo do 14 de xullo de 2025 do tribunal cualificador do proceso de selección para a contratación de 23 prazas de actrices e actores para as producións Hamlet e Memorias dun neno labrego, de modificación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar nas probas da segunda fase por aceptación dunha terceira renuncia.
[10/07/2025] Acordo do 10 de xullo de 2025 do tribunal cualificador do proceso de selección para a contratación de 23 prazas de actrices e actores para as producións Hamlet e Memorias dun neno labrego, de modificación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar nas probas da segunda fase por aceptación dunha segunda renuncia.
[08/07/2025] Acordo do 8 de xullo de 2025 do tribunal cualificador do proceso de selección para a contratación de 23 prazas de actrices e actores para as producións Hamlet e Memorias dun neno labrego, de modificación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar nas probas da segunda fase por aceptación dunha renuncia e cambios na convocatoria.
[04/07/2025] Acordo do 4 de xullo de 2025 do tribunal cualificador do proceso de selección para a contratación de 23 prazas de actrices e actores para as producións Hamlet e Memorias dun neno labrego, polo que se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para participar nas probas da segunda fase, que terán lugar en Santiago de Compostela, e documentos anexos nos que se especifican lugar concreto (espazo REGA 2 da Cidade da Cultura de Galicia), datas, horarios, contidos e textos das probas:
- Anexo I: Lugar, datas, horarios e contidos das probas
- Anexo II: Textos para as probas de Hamlet
- Anexo III: Textos para as probas de Memorias dun neno labrego
[01/07/2025] Publícase a corrección de erros (bis) relativa ao acordo do tribunal polo que se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para participar na segunda fase do proceso de selección para a contratación de 23 prazas de actrices e actores para as producións Hamlet e Memorias dun neno labrego.
[30/06/2025] Publícanse as seguintes correccións de erros relativas a diferentes resolucións e acordos do proceso de selección para a contratación de 23 prazas de actrices e actores para as producións Hamlet e Memorias dun neno labrego.
- Corrección de erros do acordo polo que se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para participar nas probas da segunda fase do proceso.
- Correción de erros da resolución pola que se aproba a listaxe definitiva das persoas admitidas e excluídas no proceso.
- Corrección de erros da resolución de nomeamento do tribunal.
[27/06/2025] Acordo do 27 de xuño de 2025 do tribunal cualificador do proceso de selección para a contratación de 23 prazas de actrices e actores para as producións Hamlet e Memorias dun neno labrego, polo que se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para participar nas probas da segunda fase que terán lugar en Santiago de Compostela nas seguintes datas:
- Hamlet: días 10,11, 14 e 15 de xullo
- Memorias dun neno labrego: 16 e 17 de xullo
[26/06/2025] Resolución do 26 de xuño de 2025 pola que se aproba a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección para a contratación de 23 prazas de actrices e actores para as producións Hamlet e Memorias dun neno labrego.
[26/06/2025] Resolución do 25 de xuño de 2025 de nomeamento do tribunal do proceso de selección para a contratación de 23 prazas de actrices e actores para as producións Hamlet e Memorias dun neno labrego.
[20/06/2025] Resolución do 20 de xuño de 2025 pola que se aproba a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de selección para a contratación de 23 prazas de actrices e actores para as producións Hamlet e Memorias dun neno labrego.
[03/06/2025] Publícase no DOG nº 104 do 3 de xuño de 2025 o Anuncio do 27 de maio de 2025 polo que se lle dá publicidade á convocatoria e ás bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, baixo a modalidade de contrato especial para artistas, ao abeiro do Real decreto 1435/1985, de 1 de agosto, e a modificación introducida polo Real decreto lei 5/2022, do 22 de marzo, de vinte e tres (23) prazas de actrices e actores para as producións Hamlet e Memorias dun neno labrego do Departamento de Produción Teatral da Axencia Galega das Industrias Culturais no período 2025-2026.
- Convocatoria, bases e anexos
-
-Bases do proceso de selección
-Prazo de solicitude: do 4 ao 18 de xuño de 2025 (15 días naturais, contados a partir do día seguinte desta publicación).
-Presentación de solicitudes e documentación anexa: Preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A para enviar o ANEXO I coa seguinte documentación:
a) Copia do DNI, NIE ou pasaporte da persoa candidata.
b) Anexo II coa información e materiais que acrediten a experiencia da persoa solicitante e permitan valorar o seu perfil. O documento terá un peso máximo de 10MB en formato PDF. Dentro desa información poderán incluírse materiais como:
- Curriculum vitae. Terán especial consideración os estudos en Arte Dramática e outras ensinanzas artísticas superiores.
- Materiais audiovisuais que recollan a experiencia profesional previa a través de enlaces a plataformas de vídeo-web como Vimeo, YouTube ou similares.
- Unha fotografía actual de corpo enteiro.
-Anexos: