Share
28/05/2026 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Viento del este

  • Maia Gattás Vargas, 2023

Viento del este
Fóra de serie

Un vaso, un sweater e un trofeo de pesca son os obxectos que Maia herdou de seu pai. Con espazos e tempos fragmentados, a película cruza paisaxes patagónicas coas beiras do Río da Prata, onde o vento trae mensaxes desde Palestina. Maia viaxa a Cisxordania e entre as ruínas das casas derrubadas pola ocupación israelí e as augas do río Xordán, atopa un sinal do destino no nome da súa familia. (La Casa Encendida)