Share
28/05/2026 - 16:30h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: Mofa&Befa: Os dous de sempre

  • Producións Teatrais Excéntricas

Galicia Escena PRO: Mofa&Befa: Os dous de sempre
Galicia Escena PRO

Tres médicos con talento de clown viaxan á cerna das descubertas dun antigo e ilustre colega: Castelao. O rianxeiro conseguira unha fórmula maxistral que unía o humor, o compromiso social e a melancolía. Castelao crea dúas figuras, Pedriño e Rañolas, que se necesitan mutuamente para existir. Un só pensa coa barriga, o outro só se alimenta da esperanza e a carraxe. Parece que o doutor se quere rir destas dúas criaturas, até que descobre que son a súa propia radiografía.

Os tres pallasos, usando o bisturí da ironía e o sarcasmo, devólvenlles a vida aos nenos, vellas, cregos, caciques, feirantes, médicos e garçons, para deixar no público un gusto de revolta e melancolía, que só se cura co humor.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

A PARTIR DE 13 ANOS

TEATRO

99 MINUTOS

FICHA ARTÍSTICA

Autoría: Carme Varela, Quico Cadaval

Dirección: Quico Cadaval

Elenco: Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Josito Porto

Escenografía: Baltasar Patiño

Iluminación: Baltasar Patiño

Son: Bernardo Martínez

Vestiario: Carlos Alonso

Música: Bernardo Martínez

Dirección de movemento: Marcos Orsi

Xefe técnico: Octavio Mas

Construción escenografía: Kukas, Pepe Quintela

Produción: Rubén G. Pedrero

Información sobre o acceso ao espectáculo na web de Galicia Escena PRO