Share
27/05/2026 - 20:30h | Fundación SGAE | Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: 52-BLAU

  • iXa

Galicia Escena PRO: 52-BLAU
Galicia Escena PRO

52-BLAU é a nova produción de iXa para espazos non convencionais, para cinco intérpretes e con versións adaptables a distintos formatos de festivais e programacións.

Nesta ocasión, o equipo de iXa pretende xerar unha experiencia inmersiva na que o público entre aos poucos no imaxinario da peza. A obra, que xira arredor da soidade acompañada, destaca por ser unha experiencia que muta segundo as características arquitectónicas do espazo, ao que se adapta creando unha obra única en cada localización. Outra das características de 52-BLAU é que unha das cinco intérpretes non toca o chan durante a totalidade do espectáculo.

Espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Galego

TODOS OS PÚBLICOS

DANZA

70 MINUTOS

FICHA ARTÍSTICA

Autoría: Xián Martínez, Elena Castellanos, Paula Urquijo

Dirección artística: Elena Castellanos, Xián Martínez

Elenco: Elena Castellanos, Xián Martínez, Miguel Arévalo, Julia Miralles, Raúl Melcón, Cover: M.ª José Casado

Miradas externas: Alba Collado, Marta Alonso, Sabela Mendoza, Jesús Benzal, M.ª Jose Casado

Espazo sonoro: Alejandro da Rocha

Deseño de iluminación: Fermin Izko

Técnico en xira: Fermin Izko / Xacobo Castro

Vestiario: Nico Barcala, Noelia Picadizo, Celia de Rois

DJ set: NIKANDER

Produción: Paula Urquijo, Begoña Eguiraun, Xián Martínez

Información sobre o acceso ao espectáculo na web de Galicia Escena PRO