Share
28/05/2026 - 18:30h | Teatro Principal | Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: Xoguetes rotos

  • Barrosanta e ButacaZero

Galicia Escena PRO: Xoguetes rotos
Galicia Escena PRO

Mario é un rapaz nacido no Ribeiro dos anos 50. Mais a aldea non parece un lugar demasiado apropiado para el, non lle gusta vendimar, mocear nin os xogos de adolescentes. Non pensa seguir os ditados do pai, en contra da súa natureza interior, así que escapa para instalarse no Vigo industrial dos 70, buscando o lugar para ser el mesmo. Pero non resulta tan sinxelo. Os aforros pouco duran e sería difícil sobrevivir na nova hostilidade se non fose pola aparición de Dorín. Ela, coma el, naceu sendo un rapaz galego, pero chegou a ser unha grande artista en París. Agora actúa na Riomar de Samil e vive no Abanico, onde Mario axudará a limpar, estudará e comezará a dubidar… mesmo do seu nome.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

ADULTO

TEATRO

70 MINUTOS

FICHA ARTÍSTICA

Autoría: Carolina Román

Dirección: Xavier Castiñeira

Elenco: Anxo Outumuro, Dani Lago

Tradución: Roberto Pascual

Escenografía: Juan Bas

Iluminación: Violeta Martínez

Son: Xavier Bértolo

Vestiario: Juan Bas

Información sobre o acceso ao espectáculo na web de Galicia Escena PRO