Share
20/09/2024 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Un albergue en Tokio

  • xapón, drama, cine clásico, silente, pobreza, familia

Un albergue en Tokio
Yasujirô Ozu: 1932-1942

Comezos dos anos trinta, depresión económica. Un pai solteiro chega a Toquio cos dous fillos na procura de traballo. A situación é complicada, os rapaces pasan fame e andan pola rúa á busca de cans que entregar ás autoridades, que ofrecen recompensas para vacinalos. Iso permítelles obter un teito cada noite nunha vida errante que non pode durar por moito máis tempo. O seu proxenitor é por fin contratado nunha fábrica, mais a súa obsesión por facerlle as beiras a unha nai solteira, en situación similar á deles, faille perder o siso. Por ela estará disposto a cousas que poñen en perigo o benestar dos seus propios fillos.