Share
19/09/2024 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

He nacido, pero...

  • xapón, cine clásico, drama, urbanismo, familia

He nacido, pero...
Yasujirô Ozu: 1932-1942

Unha familia con dous nenos múdase ás aforas de Toquio para que o pai poida vivir máis preto do xefe, por quen se desfai en atencións. Os rapaces teñen un inicio complicado na escola, con matóns que abusan deles, e acaban faltando ás clases. O seu proxenitor empúrraos á excelencia e a ser homes importantes, mais eles comezan a decatarse de que seu pai está disposto a humillarse con tal de agradar o seu superior e inician unha rebelión na casa.