30/04/2025 - 20:30h
| Filmoteca de Galicia
| A Coruña
Terciopelo azul
David Lynch, 1986

David Lynch
A película que definiu definitivamente o estilo lynchiano. Un mozo atopa unha orella humana no seu xardín, o que o conduce a unha enmarañada intriga difícil de descifrar. Entre o neo-noir e o thriller psicolóxico, con notas de negrísimo humor, Lynch compón unha fita insidiosa e enfermiza que ten un ton de pesadelo, o dese ambiente suburbano tan ianqui que conduce a moitos á tolemia; un universo no que, partindo do cotián, tócanse tenebrosos recunchos da mente que, por momentos, nin son deste mundo. Primeira colaboración co músico Angelo Badalamenti, peza crave no equipo de Lynch. Os seus acordes son indisociables das imaxes e contribúen en boa medida a crear esa atmosfera tan malsá e intrigante.