Cuatreros
Albertina Carri, 2016

Vou tras os pasos de Isidro Velázquez, o último gaucho alzado da Arxentina e, como a procura do tempo perdido sempre é errática, vou realmente tras os pasos dese fuxitivo da xustiza burguesa? Ou é que vou tras os meus pasos, tras a miña herdanza? Viaxo a Chaco, a Cuba, busco unha película desaparecida, busco en arquivos fílmicos corpos en movementos que me devolvan algo do que se foi moi cedo. Que busco? Busco películas, tamén unha familia, unha de vivos, unha de mortos; busco unha revolución, os seus corpos, algo de xustiza; busco a miña nai e a meu pai desaparecidos, os seus restos, os seus nomes, o que deixaron en min. Fago un western coa miña propia vida. Busco unha voz, a miña, a través do ruído e a furia que deixaron esas vidas arrincadas por aquela xustiza burguesa. (Albertina Carri)