Share
29/04/2025 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Lévame a idea

  • Laura Varela, Iria Villares, Vanesa Siso, 2025

Lévame a idea
OFF GALICIA

Un recoñecemento ás creadoras e divulgadoras da música tradicional galega. Lévame a idea é un recoñecemento profundo e necesario ás mulleres, auténticas protagonistas na creación, recuperación e divulgación da música de tradición oral e a poesía popular galega.

Esta peza documental reivindica cunha óptica feminista o papel fundamental das mulleres na preservación da poesía, o canto e a cultura popular de Galicia, piar esencial da nosa identidade colectiva. A transmisión oral das letras e músicas que nos vertebran como pobo está presente nas achegas que saen de distintos eidos vencellados ao mundo do tradicional.