Share
30/04/2025 - 20:30h | Teatro Rosalía Castro | A Coruña

Transeúnte

  • Coprodución de Daniel Rodríguez co Centro Coreográfico Galego

Transeúnte
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Con catro bailarinas e bailaríns en escena (Javier de la Asunción, Laura García, Andrea Pérez e Daniel Rodríguez) e a música en directo de Aida Tarrío, de Tanxugueiras, e Artur Puga, de Mondra, Transeúnte reflexiona e potencia a relación das novas xeracións coa tradición e o folclore neste mundo tecnolóxico e globalizado no que aínda habita a sabedoría innata dos nosos instintos.

Celebra a diversidade cultural, resalta a nosa conexión como seres humanos e lévanos a unha viaxe que honra o pasado, vive o presente e busca e abraza o futuro.