Share
29/04/2023 - 22:30h | Teatro Principal da Estrada | A Estrada

Tabú

  • Espectáculo a cargo de Tarabela Creativa

Tabú
Rede galega de teatros e auditorios

Tabú é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

Elenco: Carmen Conde, Nastasia Zürcher e Susana Garrido