A nova historia da cigarra e a formiga
Espectáculo de teatro infantil da compañía Teatro del Andamio

Quen non coñece a historia da Cigarra e a Formiga? A fábula de sempre, a da cigarra vaga e a formiga traballadora.
Pero hoxe imos a contarlles A verdadeira historia da Cigarra e a Formiga a que empezou unha noite de tormenta que fixo que todo cambiara ...
Cambiou a vida da formiga que vive na saída de emerxencia do seu formigueiro e de paso, coida as flores, pero tamén canta as cancións que inventa no seu tempo libre ...
Cambiou a vida de Cigarra, que chega ao fermoso outeiro despois de vagar durante moito tempo buscando un lugar mellor para vivir... en paz ...
Unha convivencia que non vai ser doada dende o primeiro momento.
Esta historia fala do medo. Do medo a todo iso que non coñecemos, pero que tanto mellora as nosas vidas se somos quen de descobrilas.