Share
29/04/2023 - 22:30h | Auditorio Municipal de Vilagarcía | Vilagarcía de Arousa

Leira

  • Nova proposta de danza da compañía Nova Galega de Danza

 Leira
Rede galega de teatros e auditorios

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.

Voz e música en vivo: Rosa Cedrón 

Bailarins: Estefania Gómez , Inéis Vieites Veiras , Iván Villar, César Louzán, Pablo Sanchez , Ricardo Fernández