29/04/2023 - 22:30h
| Teatro Pastor Díaz
| Viveiro
Constantes do porvir
Espectáculo de danza contemporánea de Félix Fernández

Rede galega de teatros e auditorios
Un dejà-vú do que aínda non sucedeu, un espazo temporal para mergullarse nas nosas intuicións sobre o futuro.
Constantes do porvir busca atravesar os desexos e intuicións da nosa sociedade en relación co tempo que está por chegar, busca estruturar un ensaio sobre o que descoñecemos pero que empezamos a albiscar, busca establecer pontes temporais co noso mañán, busca, en definitiva abrir unha xanela aos nosos anhelos e inquietudes en relación con ese tempo no que nos proxectamos como sociedade, como unha viaxe de aproximación aos nosos desexos afastados e probables.
A linguaxe utilizada articúlase nun híbrido entre performance e danza onde o espazo audiovisual e musical ten unha importancia fundamental.