Share
12/07/2025 - 10:00h | Praza Cabo da Vila | Muxía

A Quenlla

  • Na lírica emoción

Na lírica Emoción
Cultura no Camiño

O grupo A Quenlla créase no ano de 1984 por dous membros fundadores e escindidos do grupo Fuxan Os Ventos. Ao longo da súa traxectoria de concertos e gravacións, con distintas formacións evolutivas, contan con traballos e proxectos levados a cabo para a dinamización da cultura tradicional e de autor dentro dos vieiros da nosa música.

Foron moitos os concertos, charlas didácticas, encontros e discos levados adiante por un grupo de mulleres e homes que tiñan a teima da concienciación social na honra e orgullo do noso.

Despois dunha escisión no ano 2016, o grupo reorganízase arredor de Valery e Mero, coas incorporacións de Tania Capón no violín e voz, Yaiza Seijas no chelo e voz, Paloma Suanzes na guitarra e voz, Manolo Dopico no baixo, percusión e voces e Álvaro Cardalda no acordeón, teclados e voz.  Así constituídos comezan unha nova andaina e parten da musicalización e gravación dos 10 temas de Martín de Padrozelos, quizais un dos primeiros trobadores da nosa lírica medieval.