Share
12/07/2025 - 12:00h | Praza García Barbón | Verín

Coreografías dun DeMente

  • Espectáculo de danza a cargo de Fran Sieira- Compañía de danza

Coreografías dun DeMente
Cultura no Camiño

Un extracto de 30 minutos de duración do espectáculo “DeMente”, unha obra de baile e música tradicional de Fran Sieira Compañía de Danza que aborda o estigma das patoloxías vinculadas á saúde mental. En escena, a coreografía amosa a evolución histórica que sufriron, e sofren, as persoas con trastornos de saúde mental: desde a reclusión practicamente carceraria ata as contencións químicas.  

En 2023, a peza estivo programada no Festival Internacional de Teatro de Manizales (Colombia), a Fira Mediterrània de Manresa (Catalunya) e a Red Acieloabierto, a rede estatal de festivais de danza contemporánea en espazos non convencionais

DeMente foi un dos espectáculo seleccionado en FETÉN 2023. En 2022, foi finalista en sete categorías dos Premios Max, entre os cales ao mellor espectáculo de danza, e formou parte da programación de Camino Escena Norte.