11/07/2025 - 23:00h
| Praza do Concello
| Pantón
Fire Performance
Compañia Asacocirco

Cultura no Camiño
Unha parella de guerreiros forxados polo amor e a batalla fan unha danza poderosa e cargada de emoción, que deslumbra con efectos visuais impresionantes. É unha ofrenda aos deuses do lume de todas as tradicións ancestrais.
Con moito ritmo e sen palabras, unha forma explosiva de transformar as técnicas de manipulación con lume a un espectáculo espiritual, ancestral pero tamén moi contemporáneo. Un espectáculo potente e místico que promete unha experiencia visual e sensorial inesquecible.