Share
10/07/2025 - 19:00h | Xardíns da Praza de D. Ramón | Lalín

O galo Quirico e os seus amigos

  • Seisdedos

O galo Quirico
Cultura no Camiño

 Xunto con algúns números de marionetas tradicionais no que os espectadores participan cantando e danzando, preséntanse o conto O galo Quirico seguindo a versión publicada por Bernardino Graña. Unha posta en escena con marionetas e teatriño de cartón, formato de espectáculo recuperado pola compañía para esta ocasión e con música en directo, interpretada polo acordeonista Carlos Quintá.