Share
10/07/2025 - 21:00h | Alameda de Raxoi | Pontedeume

Circo Cambuche

  • Henriko

Circo Cambuche
Cultura no Camiño

Este espectáculo conta, en clave de traxicomedia, a historia dun antigo circo do século pasado, O Circo Cambuche.

Kike Castro, o derradeiro supervivente deste circo, lembra a historia da súa familia de funambulistas e o seu amargo final. Cada domingo pola tarde, visita a vella carpa da familia e fantasea coa lembranza do circo, tenta subir ao arame, como cando era neno, pero agora non se atreve.

Diante dun público que só existe na súa imaxinación, un día atopa  unha muller que se asemella á súa avoa, a matriarca da familia do circo. Ela dálle o valor para escalar o arame e percorrelo no seu monociclo e nel, o funambulista e mailo público viaxan nunha ensoñación compartida.

O arame convértese no fío conductor que une presente e pasado, madurez e infancia.