Tavole
Circo Chosco

Levantarse co pé esquerdo significa que todo vai ir mellor... Claro que peor é imposible.
Tavole é un espectáculo de circo contemporáneo que xira en torno a dúas personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que as levará a situacións tan cotiás como surrealistas onde aparece a acrobacia, as técnicas aéreas, a maxia e o humor.
Moitas situacións cotiás da vida acontecen arredor dunha mesa, pero a velocidade do día a día, o ritmo de vida, o estrés... non te deixan sentar a unha mesa a pensar e reflexionar. É aí cando as cousas máis sinxelas da vida se poden complicar, cousas como saír de casa sen roupa ou que as mesas se revelen!
Unha loca e divertida aventura para todos os públicos, na que o circo aparece de forma disparatada, a acrobacia, o risco e a sorpresa están presentes, e onde o público será partícipe do xogo para que todo saia ben.
Un show cercano, interactivo para o público e divertido no que xogarse a vida é a única opción.