Share
10/07/2025 - 12:00h | Monte Cambeiro | Corcubión

A hortiña

  • Contacontos infantil de Yago Espasandín

A hortiña
Cultura no Camiño

A Hortiña é unha peza orientada ao público de educación infantil ata segundo ciclo de primaria, un xeito máis ameno de achegarlles ese mundo das aves, os bosques, e o coidado do medio ambiente a través do dialogo, a participación e a mitoloxía.

Ledo é un rapaz, gran afeccionado a xardinaría, que vive tranquilo nunha pequena hortiña viaxeira. A Ledo non só lle gusta a xardinaría; goza moito coa ornitoloxía, goza da paisaxe, e gustaríalle ser un cento de oficios, que teñen que ver coa natureza, as plantas e as flores. A súa principal preocupación é que o “gris”, coma el lle chama, invada todo, por iso escribe cartas das árbores que vai coñecendo, e bota amigos un tanto curiosos, coma o trasno Salgueiro que lle axudan a que a hortiña viaxeira se faga cada vez máis grande.