Share
15/01/2023 - 13:00h | Sala Bahía de Foz | Foz

Nube nube sol

  • Espectáculo de teatro infantil a cargo de Teatro ó cubo

Nube nube sol
Rede galega de teatros e auditorios

Elenco: Sofía Espiñeira e Roberto Casal

As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Baixo o amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, a xestualidade, o canto e a música, Teatro ó cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.