Share
14/01/2023 - 21:00h | Auditorio Municipal e Pazo da Cultura de Narón | Narón

Patriotas

  • Espectáculo teatral de Unahoramenos Producións

Patriotas
Rede galega de teatros e auditorios

A presidenta dun Partido ultra-nacional, occidental, homófobo e ascendente, Nicole Wallace, ten que defenestrar politicamente á súa amiga Janet Müller, ideóloga e vicepresidenta, para branquear a súa formación e aspirar ao poder. A filla de Janet, bisexual e ferozmente crítica coa súa nai, comeza unha relación peculiar con Iván, o fillo de Nicole. Ambas as historias, entrelazadas ao longo dun ano de eleccións locais, rexionais, europeas e xerais, levarán ao Partido Nacional ata o máis alto. Xusto ao bordo dun inmenso precipicio.