Share
15/01/2023 - 19:30h | Auditorio Municipal Gustavo Freire | Lugo

Os fabulosos Cleaners

  • Espectáculo visual de burbullas de xabón

Os fabulosos Cleaners
Rede galega de teatros e auditorios

Sinopse: Dous expertos operarios da limpeza descobren por casualidade as posibilidades que poden dar as súas ferramentas de traballo, combiadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas de xabón.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destas personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor.

Dirección: Marcos Orsi e Luis Bevía

Elenco: Xoque Carbajal e Josue García