Share
12/03/2025 - 16:00h | Aula de cine da Facultade de Comunicación | Pontevedra

A nosa canteira: A dirección novel. Os argonautas e Weiss & Morales

  • Sesión impartida por Lucía Estévez, no marco de AuGAL. Master Class do Audiovisual Galego 2024-2025

A nosa canteira: A dirección novel. Os argonautas e Weiss & Morales

AuGAL Master Class do Audiovisual Galego

Un curso máis, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo colaboran na organización de AuGAL Master Class do Audiovisual Galego para profundar nos procesos creativos e técnicos do cinema e a televisión, co foco posto na máis recente produción galega.

Dirixida tanto a estudantes como a profesionais do sector, esta iniciativa formativa ofrece entre os meses de novembro de 2024 e marzo de 2025 a súa 14ª edición ao redor de nove sesións con proxeccións, coloquios e o cuarto concurso A Canteira-AuGAL.

Nesta oitava sesión, a novísima directora Lucía Estévez, falará da dirección novel a partir dá súa experiencia como codirectora das series Os argonautas e Weiss & Morales.