AuGAL. Master Class do Audiovisual Galego 2024-2025
Un curso máis, a Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo colaboran na organización de AuGAL Master Class do Audiovisual Galego para afondar nos procesos creativos e técnicos do cinema e a televisión, co foco posto na máis recente produción galega.
Dirixida tanto a estudantes como a profesionais do sector, esta iniciativa formativa ofrecerá entre os meses de novembro de 2024 e marzo de 2025 a súa 14ª edición arredor de nove sesións con proxeccións, coloquios e o cuarto concurso A Canteira-AuGAL.
Lugar: Aula de cine da Facultade de Comunicación. Campus A Xunqueira (Pontevedra)
Datas: de novembro de 2024 a marzo de 2025
Coordinadores: Miguel Anxo Fernández e Paulino Pérez
Secretaría: augalmasterclass [at] gmail.com
Duración: 27 horas
Matrícula: gratuíta previa inscrición (prazas limitadas ata completar capacidade). Entregarase diploma de asistencia outorgado pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
PROGRAMA
28 de novembro, 16:00-19:00 h. | 1ª SESIÓN
Longametraxe: Honeymoon
Quique Otero (Control Z), director e produtor
12 de decembro, 16:00-20:00 h. | 2ª SESIÓN
Masterclass: Buscando localizacións
Andrés Rozados, produtor e localizador
19 de decembro, 16:00-19:00 h. | 3ª SESIÓN
IV Concurso A Canteira-Augal
Selección e visionado de oito curtas do curso 2023/2024 producidas na Facultade de Comunicación de Pontevedra
Premio á mellor curta
5 de febreiro, 16:00- 19:00 h | 4ª SESIÓN
Longametraxe: La Parra, de Alberto Gracia
Beli Martínez (Filmika Galaika), produtora
12 de febreiro, 16:00-19:00 h. | 5ª SESIÓN
Masterclass: Como se levanta unha peli
Silvia Fuentes (Sétima), produtora
19 de febreiro, 16:00-20:00 h. | 6ª SESIÓN
Series TV: Ghuassap
Luis Avilés (CTV), director
26 de febreiro, 16:00-19:00 h. | 7ª SESIÓN
Curtametraxes:
A Marola, de Ángel de la Cruz
Abellón, de Fon Cortizo
María Rita, de Juan Barbazán
12 de marzo, 16:00-19:00 h. | 8ª SESIÓN
A nosa canteira: A dirección novel. Os argonautas e Weiss & Morales
Lucía Estévez, codirectora
26 de marzo, 16:00-19:00 h | 9ª SESIÓN
Documental: Filmei paxaros voando, de Zeltia Outeiriño
Silvia Fuentes (Sétima), produtora