Share
11/03/2025 - 19:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Encontro con Itsaso Arana e Jonás Trueba e proxección de Volveréis

  • crise, parella, comedia

Encontro con Itsaso Arana e Jonás Trueba e proxección de Volveréis
Close-up: Cine e perspectiva de xénero

Jonás Trueba e Itsaso Arana son director e actriz principal de Volveréis, escrita por ambos (xunto a Vito Sanz) e na que ela interpreta unha cineasta que ben podería ser un alter ego del. Manter un encontro con ambos permítenos reflexionar sobre a vinculación dun oficio e outro desde as súas distintas posicións, pero tamén entender como o traballo entre os dous retroalimenta o proceso creativo e a película, tanto na súa narrativa como nas súas formas.