Share
27/05/2024 - 20:00h | Santiago de Compostela | Salón Teatro

Madame | CienfuegosDanza

Madame
GALICIA ESCENA PRO

Unha revisión da figura de Madame Warton e os seus espectáculos de tableaux vivants, representacións en vivo de cadros, esculturas, gravados... que cativaron o Londres de mediados do século XIX nunha proposta onde a figura feminina como empresaria, modelo, actriz e bailarina é central na peza.

Inspiradas na investigación realizada por Laura Monrós, as coreografías de Yoshua Cienfuegos devolven á contemporaneidade os corpos modelados dos tableaux de Warton, a partir dunha reflexión sobre conceptos como a voluptuosidade do corpo feminino, as restricións da feminidade na época vitoriana e figuras míticas da tradición occidental como Ariadna ou As tres Grazas.

 

47 MINUTOS

 

Autoría e dirección: Yoshua Cienfuegos

Iluminación: Germán Gundín

Vestiario: Yoshua Cienfuegos, Carmen Soriano

Música orixinal: Giuliano Parisi

Elenco: Ariadna Llussà, Carmen Coy, Laura López, Alejandro García, Natalia Thaïs