En entón, un xardín | Paporrubio

E entón, un xardín é unha peza para público familiar da compañía Paporrubio, escrita e dirixida por María Peinado, co actor Luchi Iglesias e coa música en vivo de Carlos Quintá. Unha comedia colorista e vitalista asentada no teatro de marionetas, na plasticidade do teatro de obxectos e na poética da imaxe.
Neste espectáculo, o xardín convértese nun lugar de celebración e reivindicación. Os vexetais e os animais son os protagonistas dunha historia estrafalaria na que a natureza esperta e reivindica os seus dereitos. Unha comedia disparatada ao servizo da imaxinación para espertar valores como a empatía, a responsabilidade e o respecto. A necesidade dun latexar común co mundo natural.
A PARTIR DE 3 ANOS
TEATRO DE OBXECTOS E MONICREQUES
50 MINUTOS
Autoría e dirección: María Peinado
Escenografía: María Peinado e Luchi Iglesias
Iluminación: Alberto Quintá, Fran Lareu e María Peinado
Son: María Peinado e Carlos Quintá
Música: Carlos Quintá
Deseño de marionetas: Luchi Iglesias e Armindo Salgueiro
Construción de escenografía e marionetas: Luchi Iglesias
Vídeo e fotografía: Santi García
Deseño gráfico: María Peinado
Produción: Paporrubio
Elenco: Luchi Iglesias e Carlos Quintá