Frío | A Feroz

Vidas leves, traxectos esvaídos que se entrecruzan a diario na neve efémera dunha cidade borrosa. Quen sabe exactamente o que vai facer cada día durante o resto da súa vida non abeira grandes temores nin demasiadas ilusións.
Akaki podería xurar que o seu porvir está escrito en liñas rectas con tinta esluída. El déixase ir nos riscos seguros e firmes da súa rutina que o protexe dos grandes males e das alegrías inesperadas. Pero a súa existencia ordenada e frugal vese alterada cando unha necesidade material inevitable interfire nela. Co fin de cubrila, traballará máis aló da extenuación. Será capaz de logralo? Conseguirá librarse do cruel frío de San Petersburgo?
TEATRO FÍSICO DE MÁSCARA
85 MINUTOS
Idea, dramaturxia, deseño e dirección: Lorena Conde
Músico en escena: Guillermo Alzugaray
Composición musical e espazo sonoro: Guillermo Alzugaray
Espazo escénico: A Feroz e Roberto Rama
Iluminación e son: Raúl Giraldo
Vestiario: A Feroz
Máscaras: A Maranha
Fotografía: Alberto Suárez
Produción: A Feroz
Elenco: Inés Salvado Gonta, Lolo Castro, Gustavo Freire, Bea Romero, Sergio Piñeiro