05/11/2025 - 18:00h
          | Filmoteca de Galicia
              | A Coruña
      
  La casa del bosque caps 1 e 2
Maurice Pialat, 1971
Centenario Maurice Pialat
  
  Proxección dos dous primeiros capítulos da serie La casa del bosque, de Maurice Pialat.
CAP. 1
Albert, o gardabosques, vive coa súa muller e os seus dous fillos na casa do bosque. En 1917, acollen a tres nenos cuxos pais foron á fronte. Cando non están na escola, os nenos xogan á guerra e agóchanse no bosque.
CAP. 2
Os xendarmes investigan a un ladrón que rouba alegremente da reserva común da vila. Hervé simpatiza co elegante conde e xanta no seu castelo.