Share
05/11/2025 - 20:30h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

A Contraarmada

  • Simón Casal, 2025

A Contraarmada
OFF GALICIA

Inmediatamente despois do fracaso da Armada Invencible, a Raíña Isabel I de Inglaterra preparou unha frota de represalia para atacar ao Imperio español. A Contraarmada estaba formada por 180 barcos e case 30.000 homes e tiña o obxectivo de asestar un demoledor golpe a España, derrotando ao maior imperio do mundo naquel momento, asegurándose o control das lucrativas rutas comerciais con América e entronizando a un rei afín en Portugal.

Documental centrado no asalto á Coruña, onde os ingleses foron repelidos por, entre outras, a mítica María Pita; que explica tamén as causas que levaron a esa invasión e como posteriormente os navíos tampouco puideron romper o cerco lisboeta. Construído a partir de entrevistas con historiadores e a filmación de recursos documentais como cartas marítimas e mapas; é profuso en datos e explica en detalle todos os pormenores desa campaña.

 

Presentación e coloquio: Simón Casal.