04/11/2025 - 20:30h
          | Filmoteca de Galicia
              | A Coruña
      
  Las cosas indefinidas
María Aparicio, 2023
María Aparicio: filmar o traballo, o traballo de filmar
  
  Eva dedícase a editar películas. Mentres traballa xunto ao seu asistente Rami nunha longametraxe sobre persoas con cegueira, parece perder o entusiasmo polo cinema. A isto súmase a recente morte do seu amigo Juan, un director de cinema cuxas películas ela editaba.
Proxéctase xunto coa curta Tres caminos, da mesma autora, quen acudirá á sala para presentar os filmes.