Guadi Galego - Síntese Horizonte
Espectáculo de Música a cargo de Guadi Galego
"Será pola roibén que aínda me sinto a salvo" (Antía Otero)
Vou atravesando etapas, dando paso a novos horizontes, sen esquecer que a vida vivida existiu e persiste en min.
O meu son muda ao longo do traxecto ,como muda o concepto de horizonte ao longo da historia.
O horizonte foi límite, equilibrio entre o aquí e o máis alá, realidade , ensoñación, espiritualidade, utopía…
Fun aprendendo a desprenderme do establecido con cada disco, con cada espectáculo, ou se cadra dos arquetipos, dos cánones, ou do costume de "categorizar" como esixencia, para así deixarme ir a novos confíns que me permitan seguir explorando o meu son.
É unha aposta pola propia evolución, aproveitando as posibilidades da sonoridade da banda, crendo na escoita como faro.
Medramos na construcción escénica das cancións e lanzámolas con ese poder transformador da música ao vivo, que nos confirma que seguimos vivas e en constante aprendizaxe.