Share
17/09/2024 - 18:00h | Filmoteca de Galicia | A Coruña

Fantasía pasajera

  • xapón, cine clásico, silente, comedia

Fantasía pasajera
Yasujirô Ozu: 1932-1942

Hikashi e Jiro traballan nunha fábrica de produción de cervexa dun barrio popular de Toquio e comparten casa co fillo do primeiro, Tomio, que asiste con interese á escola primaria. O pai, viúvo, é un completo analfabeto borracho que o cría, máis que o educa. Unha noite, á saída dun espectáculo de rōkyoku, crúzanse con Harue, unha moza que está sen fogar nin traballo. Hikashi decide axudala, mais Jiro pensa que iso só lles vai traer problemas. O primeiro fica obsesionado coa rapaza e procura as súas atencións, chegando a desatender o pequeno Tomio, mais a muller semella máis interesada por Jiro, quen a rexeita.