Gran gala de circo de Pistacatro
Espectáculo a cargo de Pistacatro Produtora de Soños
A fórmula do Cabaré colectivo sempre foi unha das especialidades de PistaCatro. O potencial creativo individual dos compoñentes do grupo fai que a suma dos mellores números e sketchs de cada un dos artistas dean un conxunto de luxo. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué.
Un espectáculo multidisciplinar e variado a cargo de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público en clave cómica e de administrar as pequenas doses de arte concentrado.
Ficha artística
Dirección: Pablo Reboleiro
Escenografía e vestiario: Belém Brandido
Deseño son: Xurxo Pinheiro
Deseño iluminación: RTA
Música: Xabier Mera
Coreografía: Paula Quintas
Elenco artístico: Pablo Reboleiro, Aitor Garuz, Arturo Cobas, Duelirium, Marta Alonso & Paula Quintas, Álvaro Pérez, e Arturo Cobas, entre outras