Bagaxe
Espectáculo teatral a cargo de Pistacatro Productora de Soños
As emocións, vivencias, ilusións, experiencias, en definitiva, a bagaxe da humanidade está cargada en 60 maletas, custodiadas por un pallaso e unha pallasa. Arturo Cobas “Nono” e Natalia Outeiro “Pajarito” únense para crear o espectáculo cómico das súas vidas, onde cada maleta contén unha sorpresa, unha historia, unha nova aventura por descubrir. Máis ¿qué pode sair mal cando se trata dunha combinación tan explosiva coma a de dous artistas coa sua propia bagaxe emocional? Seredes testemuña dunha viaxe única onde a comedia e a emoción se mesturan cunha explosión de creatividade. Pero sempre haberá unha incerteza: ¿qué acontecerá cando abran a seguinte maleta?
Ficha artística
Autor: Arturo Cobas
Dirección: Marcos Carballido
Adaptación: Arturo Cobas/Natalia Outeiro
Escenografía: Arturo Cobas
Deseño son: Arturo Cobas
Deseño iluminación: As Dúas e Punto
Vestiario: Neme Vázquez
Música: Ignacio Muñoz
Coreografía: Arturo Cobas/ Natalia Outeiro / Marcos Carballido
Elenco artístico: Natalia Pajarito e Arturo Cobas