Share
18/04/2026 - 18:00h | Teatro da Beneficencia | Ortigueira

Concerto PunkInfantil

  • Espectáculo de música e clown a cargo de Brais das Hortas e Peter Punk

Concerto PunkInfantil
Rede galega de teatros e auditorios

Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado CONCERTO PUNKINFANTIL. Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.