Galicia Escena PRO: Vitória
Iria Pinheiro

Vitória é o retrato dunha denuncia. Unha peza de teatro autobiográfico que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz Iria Pinheiro cando interpuxo unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba. A peza reconstrúe a historia que vai desde 2017 a 2023, intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía característicos do cabaré.
Coprodución co Auditorio Municipal de Cangas e A Casa da Esquina (Coímbra) e co apoio da Câmara Municipal de Valença do Minho
Autoría: Iria Pinheiro
Dirección: Susana Villaverde, Victoria Pérez, Salvador del Río, Iria Pinheiro
Elenco: Victoria Pérez, Salvador del Río, Iria Pinheiro
Escenografía: Abalo&Pinheiro
Iluminación e son: Daniel Abalo
Vestiario: Atôla
Música: Mónica de Nut, DJ Concha
Apoio á dramaturxia: Vanesa Sotelo, Ricardo Correia
Axudante de dirección: Susana Villaverde
ADULTO
TEATRO DOCUMENTAL E CABARÉ
60 MINUTOS
Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.
O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.