Share
02/06/2025 - 12:00h | Salón Teatro | Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: Maruxiña

  • Aurora Artes Escénicas

Galicia Escena PRO: Maruxiña

Maruxiña inspírase no conto clásico de Polgariña, de Hans Christian Andersen. É un espectáculo de Aurora Artes Escénicas en clave cómica, interdisciplinario e con música en directo, onde a protagonista investiga o mundo que a rodea despois de nacer no tarro da hortensia da señora Lola. Un día, Maruxiña descobre que fóra dese tarro hai un mundo moito máis grande, que hai persoas amigas e outras que non o son tanto, que lle gustaría voar... E repara en que o realmente importante é poder decidir libremente o que quere para ela.

 

Autoría: Laura Sarasola

Dirección: Laura Sarasola e Alma Sarasola

Elenco: Laura Sarasola, Alma Sarasola

Adaptación: Laura Sarasola

Escenografía: Aurora Artes Escénicas

Iluminación e son: Suso Jalda

Vestiario: Anahí Taraburelli

Música: Alma Sarasola

 

FAMILIAR, A PARTIR DE 3 ANOS

TEATRO E MÚSICA EN DIRECTO

45 MINUTOS

 

Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.

O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.

Máis información