The Lákazans
Xira de presentación de 'Sandwina'

The Lákazans presentan en directo o seu novo traballo discográfico, Sandwina, inspirado na muller mais forte do mundo. Nesta nova aventura musical amplían o seu rexistro a novos xéneros da música norteamericana, mais aló do seu blues característico, con referencias que van desde o country ata o mais sentimental rockabillly.
Gravado en Pouland Studios baixo a atenta mirada de Iago Pico, que coproduxo este disco xunto a Fran Velo e Benjamín Vázquez, Sandwina é un compendio de 12 temas que a banda interpreta en directo fieis a súa esencia pero abrindo tamén camiño cara novos públicos.
Sandwina é o seu terceiro álbum despois de 'Homegrown' (2015) e o homónimo 'The Lákazans' (2013). Con traxectoria na escena musical desde 2011, a formación é hoxe un referente no panorama galego e a súa música ábrese paso cada vez con máis forza nos escenarios do resto do territorio estatal.