Share
02/06/2025 - 18:00h | Praza de Mazarelos | Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: Trïade 

  • Colectivo Glovo

Galicia Escena PRO: Trïade 
Galicia Escena PRO

Trïade ten como punto de partida esa necesidade de xuntarse, vincularse e bailar, desde o coidado e a escoita, nun espazo feminino que procure unha xenealoxía feminina, unha orde simbólica persoal e independente, inspirado pola tríade lunar e a súa idea do eterno retorno: vida, morte e renacemento. Peza de curto formato para espazo non convencional con marcado carácter ritualesco e de culto ás devanceiras e ás raíces.

 

Co apoio de INAEM-Ministerio de Cultura-Gobierno de España, Danza a Escena, A Casa Vella de Allariz, L'Estruch-Fàbrica de creació de les arts en viu de Sabadell, residencias artísticas Dantzalabea do Teatro Barakaldo e Bienal de Arte Contemporânea de Trás-os-Montes, Macedo de Cavaleiros

 

Dirección: Esther Latorre, Hugo Pereira

Coreografía: Esther Latorre

Elenco: Esther Latorre, Sybila Gutiérrez, Paula Serrano

Vestiario: Adolfo Domínguez

Música: Baiuca, Mercedes Peón

 

TODOS OS PÚBLICOS

DANZA

14 MINUTOS

 

Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.

O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.

Máis información