Share
04/06/2025 - 16:30h | Teatro Principal | Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: As gardiás ou o nó do tecelán

  • Teatro de Ningures

Galicia Escena PRO: As gardiás ou o nó do tecelán
Galicia Escena PRO

O humilde piso de Rosa, nun edificio vello no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa, que está nunha cadeira de rodas, e as súas compañeiras Ana, Marga e Susana son operarias xubiladas da industria téxtil e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do envellecer ben. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

 

Autoría: Nasser Djemaï

Dirección: Cristina Domínguez

Elenco: Casilda Alfaro, Melania Cruz, Amparo Martínez, Rebeca Montero, Sonia Rúa

Adaptación: Vanesa Sotelo

Tradución: Henrique Harguindey

Escenografía: Carlos Alonso

Iluminación: Héctor Pazos, Salvador del Río

Son: Héctor Pazos

Vestiario: Carlos Alonso

Música: Héctor Pazos

 

ADULTO

TEATRO

90 MINUTOS

 

Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.

O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.

Máis información