Galicia Escena PRO: Cicatriz
Kirenia Danza

Cicatriz é unha peza de danza contemporánea que lle pon corpo ao poema homónimo do icónico Antón Reixa, baixo a coreografía e dirección de Kirenia M. Acosta. Trescentos versos que comezan pola palabra "quero" que expresan o desexo e, se cadra tamén, o desexo do desexo como motor dinámico da vida. En escena, dous corpos suturados: o do referencial artista galego, que se inicia na danza aos 67 anos tras un accidente que o deixou en coma, e o dunha coreógrafa de orixe cubana cunha traxectoria atravesada por lesións e resistencia. A súa complicidade visibiliza o anti-idadismo e a inclusión. Un coloquio final convida ao público a un ti a ti con estas vidas cheas de suturas.
Espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Galego
Autoría: Kirenia M. Acosta, Antón Reixa
Dirección: Kirenia M. Acosta
Elenco: Kirenia M. Acosta, Antón Reixa
Escenografía: Suso Mareque
Iluminación: Daniel Rodríguez, Violeta Martínez
Son: Bruno Vaw, Marcos Payno
Música: Bruno Vaw, Alejandro Sande
Texto: Antón Reixa
Voces: Antela Cid, Uxío Novo
Fotografía e vídeo: Global Blue
Produción: Uxío Novo, Fany Vázquez
ADULTO
DANZA INCLUSIVA
50 MINUTOS
Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.
O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.