Share
04/06/2025 - 18:30h | Auditorio ABANCA | Santiago de Compostela

Galicia Escena PRO: Reconversión

  • Ibuprofeno Teatro

Galicia Escena PRO: Reconversión
Galicia Escena PRO

Espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que forman unha charanga e interpretan a banda sonora en directo.

Entre o íntimo e o político, a montaxe é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión naval na ría de Vigo. A obra céntrase na peripecia vital do pai do autor, un home que traballou no estaleiro Ascón durante 30 anos. Esta figura sintetiza as vivencias de toda unha xeración, que sufriu o paro polo peche da factoría en 1984 e viviu as mobilizacións históricas que tiveron lugar nos anos 70 e 80.

Unha viaxe desde a posguerra ata o felipismo dos 80, pasando polo auxe da siderurxia e a evolución desde unha sociedade rural a unha capitalista.

Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais

Co apoio do Teatro Rosalía Castro da Coruña, MIT de Ribadavia, Padroado da Cultura-Concello de Narón, Teatro Principal de Ourense e os concellos de Catoira, Vigo, Moaña, Carballo, Vilagarcía de Arousa, Ames, Oleiros, Pontevedra, Cangas, Lugo e Vimianzo

 

Texto e dirección: Santiago Cortegoso

Elenco: Artur Abad, Cristina Collazo, Santiago Cortegoso, César Goldi, Celia González, Davide González, Fran Lareu, Nani Matos

Escenografía: Pablo Giráldez "O Pastor"

Codirección e iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio

Deseño de son e dirección musical: Alonso Caxade

Vestiario: Marián Bañobre

Xastrería: Bety Busto

Caracterización: Baia Fernández

Movemento escénico: Armando Martén

Imaxe e fotografía: Diego Seixo

Asistencia de dirección: Natalia Feijoo

Técnica en xira: Héctor Pazos, Laura Triñanes

Produción e comunicación: Fátima R. Varela

Distribución: Ibuprofeno Teatro S.L.

 

ADULTO

TEATRO

105 MINUTOS

 

Galicia Escena PRO é o mercado profesional das artes escénicas galegas, organizado pola Xunta de Galicia e a asociación Escena Galega en Santiago de Compostela do 2 ao 5 de xuño de 2025.

O público xeral pode acceder de balde aos espectáculos programados, previa retirada de convites durante os días do evento no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza de Praterías s/n) en horario de 9,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00.

Máis información