25/05/2026 - 18:00h
| Praza de Mazarelos
| Santiago de Compostela
Galicia Escena PRO: Diz-me, meu amor
Raquel Ferradás & María de Vicente
Galicia Escena PRO
Esta peza é unha homenaxe a todas as formas de amor entre mulleres que se escollen, apoian e celebran mutuamente en liberdade. Un acto de celebración dos lazos que curan, do amor que non esixe, que acompaña, que eleva.
Nun espazo onde o corpo se converte en linguaxe, dúas mulleres atópanse, recoñécense e abrázanse en movemento. A través de xestos sostidos, miradas cruzadas e pasos entrelazados, as intérpretes constrúen un espazo íntimo e poderoso onde o afecto se manifesta en cada apoio mutuo.
TODOS OS PÚBLICOS
DANZA
15 MINUTOS
FICHA ARTÍSTICA
Autoría: Raquel Ferradás, María de Vicente
Dirección: Raquel Ferradás
Elenco: Raquel Ferradás, María de Vicente