Galicia Escena PRO: Artur Ui, o ovo da serpe
Talía Teatro
Artur Ui, o ovo da serpe representa unha decidida aposta por conectar a vixencia do teatro épico de Bertolt Brecht coa realidade contemporánea. Máis aló de ser unha homenaxe a un clásico moderno, esta produción explora con profundidade crítica os mecanismos de poder, a natureza do autoritarismo e as súas manifestacións ao longo da historia, establecendo un paralelismo claro co contexto político e social actual.
Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais.
A PARTIR DE 13 ANOS
95 MINUTOS
FICHA ARTÍSTICA
Autor: Bertolt Brecht
Dirección: Quico Cadaval e Diego Rey
Escenografía, deseño de son e iluminación: Dani Trillo
Vestiario: Martina Cambeiro
Música: Manu Abraldes
Elenco artístico: Toño Casais, Marta Lado, Dani Trillo, María Ordóñez, Marta Ríos, Diego Rey, Xurxo Barcala e Artur Trillo
Información sobre o acceso ao espectáculo na web de Galicia Escena PRO